Hemeroteca » Padel ASM » Noticias Padel


100 anos do 8 de marzo "Día internacional das mulleres"
100 anos do 8 de marzo "Día internacional das mulleres"  E-mail
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
8_marzo_dia_muller.jpg
100 ANOS CELEBRANDO, TODA UNHA VIDA LOITANDO!

Luns, 8 de marzo de 12h a 20h30 na Rúa Barcelona (Praza das Conchiñas)

Como celebración dos 100 anos do 8 de marzo "Día internacional das mulleres" diferentes colectivos, organizacións e mulleres individuais pertencentes ao movemento feminista da Coruña quixemos organizar unha festa popular aberta a participación de toda a sociedade.

O día comezará ás 12 da mañá na Praza das Conchiñas coa decoración da rúa Barcelona e esquina coa rúa Corcubión, e coa distribución de convites para todas as veciñas da zona.

Ao longo do día terán lugar diferentes actividades, performances, e exposicións que tratarán de reflectir sobre as causas e consecuencias das reivindicacións das mulleres, os logros atinxidos durante toda unha vida de loita, e as expectativas coas que encaramos o presente e o futuro as feministas de hoxe en día. Finalizaremos a xornada compartindo o manifesto conxunto con todas as presentes ás 8 e media da tarde.

Todas e todos estades convidadas a participar axudando nas diferentes tarefas, soprando as veas da tarta de celebración, pedindo desexos para o futuro, e aportando as vosas propias experiencias e reflexións, construíndo entre todas e para todas unha realidade chea de esperanza, de forza e sobre todo de felicidade.
Felices 100 anos, e moitos mais!!!


Acsur Galiza - Cafés Feministas - Comisión de Xénero da coord. galega de ONGDS - Marcha Mundial das Mulleres da Coruña - MUlleres DEportistas GAlegas - Nomepisesofreghao - Recdeiras - Transmaribolheras Precárias - Trocamundo

Comentarios

Por favor, registrate y / o ingresa para poder comentar.
 
Padel a Mano
ranking200x80.png
escuela.png
logo_husqvarna_web.png

Entrevistas

Miércoles, 19 Agosto 2009

thumb_sevilla_143.jpgJugadora autodidacta que empezó a jugar muy tarde a este deporte. Ha sido junto con Iciar Montes, la pareja número uno indiscutible durante casi 5 años. Este año dejó la competición. Todo esto nos contó...

Leer más...

Acceso de Usuarios